jueves, 5 de marzo de 2015

Resultados do Torneo de Febreiro de Pasapezas

Durante o mes de febreiro celebrouse o Torneo de Pasapezas no Palacio dos Deportes.

Un torneo caótico xogado por parellas formadas de xeito aleatorio o que en principio conseguía que as parellas fosen formadas por xente de distintos colexios.

Na categoría Alevín, a parella formada por Daniel Mariño e Arturo Suárez conseguiron o primeiro posto.
Na categoría Benxamín os vencedores foron Javier Carrión e Laura Prieto por diante das parellas formadas por Andrés Castro e Mario Castro e de Antía Salgado e Nico Rodríguez.


Resultados Torneo Febreiro de Pasapezas

Lembrade que este venres 6 de marzo non haberá torneo de xadrez.

Torneo de Xadrez normal. No mes de marzo teremos dúas xornadas: o 13 e o 27.